Jerome Jordan: poderío interior para o Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O equipo celeste incorpora ao pivote xamaicano de 2,15 m. con pasado NBA e Liga Endesa

Jerome Adolphus Jordan ( Kingston, Xamaica, 29/09/1986) é un xogador formado en Estados Unidos na Universidade de Tulsa (NCAA) onde destacou cunha media de 15,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,3 tapóns por partido, o que lle valeu para facerse con varios récords da súa universidade e mencións en quintetos defensivos de ÚSA Conference.

Elixido no Draft NBA 2010 polos Bucks, disputou varias ligas de verán da mellor liga do mundo e alternou o seu paso por NBA NY Kniks en 2011 ou Brooklyn Nets (2014/2015), con ligas de desenvolvemento NBA e experiencias fóra do seu país (Serbia, Eslovenia, Italia, China ou Filipinas) ata a súa chegada a Liga Endesa onde disputou as dúas, últimas tempadas co Divina Joventut de Badalona.

Xogador con poderío físico, capacidade reboteadora e intimidadora e moi efectivo ao poste baixo, Jordan será un importante complemento para o equipo, e achegará ao Cafés Candelas presencia interior, coñecemento da liga.

Espérase a súa chegada durante os próximos días para incorporarse ao traballo co seu novo equipo.

 

HISTORIAL EN ACB.COM

Jerome Jordan: poderío interior para o Cafés Candelas Breogán
Jerome Jordan: poderío interior para o Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información