O Cafés Candelas cae en Manresa nun mal partido (90-78)

Compartir con

Os celestes salvaron un average que perigou durante moitos minutos

Partido trabado con moitas faltas e sen ritmo para o Cafés Candelas que viu como o Manresa se distanciaba no electrónico xa dende o inicio poñendo máis intensidade nun Congost que deu moita enerxía aos seus.

 

Dos cuartos iniciais nos que o Manresa puxo as bases da vitoria cunha importante vantaxe (21-15 e 22-15 para un 43-30 ao descanso), deron paso a unha segunda parte na que o Cafés Candeas quixo reaccionar (26-20 no terceiro), cegando a soñar coa remontada no último cuarto con moito protagonismo para Fuzaro, pero xa demasiado tarde para unha posible vitoria. Os celestes, xa sen tempo, defenmderon o average co que chegaban ao partido, asinado no da primeira volta no Pazo en 17 puntos de vantaxe.

Finalmete, vitoria  local (90-78) e o Breogán salvando o premio menor, non pouco importante,  do average.

Próxima cita para buscar unha recuperación tras dúas derrotas, no Pazo o vindeiro venres 16 ás 20:45 ante o FC Barcelona Lassa.

O Cafés Candelas cae en Manresa nun mal partido (90-78)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información