Mateo Sánchez xogará cedido en Marín

Compartir con

O xoven xogador lucense continuará a súa progresión no club galego

A boa sintonía entre clubs e o interese do equipo pontevedrés, facilitaron o acordo para que Mateo Sánchez xogue no Marín ENCE Peixegalego ata o final da presente tempada.

Sánchez (Lugo 18 de xuño de 1999, 1,93m.) que defendeu durante a actual tempada a camiseta do Leite Río Breogán, traballou ata hoxe ás ordes de Diego Epifanio a pesar de que, por necesidades do persoal, a súa licenza federativa atopábase desactivada nas últimas semanas.

O xogador continuará a súa progresión co equipo de LEB Oro de Marín, un dos clubs históricos de Galicia.

Sorte Mateo!

Mateo Sánchez xogará cedido en Marín

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información