Mrsic visitou o Museo Provincial de Lugo

Compartir con

O adestrador do Río Breogán coñeceu o patrimonio do museo e a exposición sobre os 15 anos da Rede de Voluntariado

“Un xogador voluntarioso non pregunta que pode facer o equipo por min, senón que podo facer eu polo equipo”, foi a frase que Mrsic deixou escrita no muro dedicado ao voluntariado no Museo de Lugo, dentro da exposición Trazando Solidariedade dedicada a lembrar os 15 anos de rede de voluntariado lucense.

Mrsic que contou como guía de excepción coa directora do museo provincial, Aurelia Balseiro, coñeceu, entre outras cosas, a sala do tesouro onde se gardan pezas tan importantes como o Torques de Burela, os mosaicos romanos e a exposición sobre o voluntariado, onde tamén o acompañaron a vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, e o deputado de deportes Efrén Castro.

GALERÍA DE FOTOS

 

Mrsic visitou o Museo Provincial de Lugo
Mrsic visitou o Museo Provincial de Lugo
Mrsic visitou o Museo Provincial de Lugo
Mrsic visitou o Museo Provincial de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información