O Breo non faltará nas actividades con motivo do Día do Cancro Infantil

Compartir con

Colaborará con Somos Unidos por el cáncer nunha gymkana infantil o venres en Lugo

Unha actividade lúdica que leva o nome de SOMOS BREO no centro da cidade con nenos e voluntarios de Somos, coa colaboración da Asociación de Autónomas, Decathlon, Concello e deputación de Lugo, será unha das actividades desta semana dedicada á loita contra o cancro que afecta aos máis novos.

Alí estarán os xogadores do Breo que irán pasando ao longo da tarde pola carpa situada diante do concello para estar cos participantes e apoiar a iniciativa.

No partido do sábado ante Melilla haberá tempo para recibir a tódolos participantes, entregar os premios aos gañadores e dar as grazas a Somos pola excepcional labor social e de divulgación que están a facer.

 

O Breo non faltará nas actividades con motivo do Día do Cancro Infantil

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información