O Breo xa roda cara a ACB con Hyundai

Compartir con

O Breo xa roda cara a ACB con Hyundai

O Grupo Ditram aposta por «Facer equipo» por cuarta tempada consecutiva

Catro tempadas leva Hyundai a través do Grupo Ditram apoiando ao CB Breogán poñendo a disposición de xogadores do plantel, vehículos dos seus últimos modelos. A entrega celebrouse no concesionario da marca en Lugo, situado na Estrada de A Coruña

O acto de apertura correu a cargo de Javier Morandeira, Director Xeral do Breogán , na súa intervención destacou a predisposición e organización de Hyundai Ditramotor en canto á cesión dos vehículos que permitiu que dispoñan deles no prazo acordado .

O Breo xa roda cara a ACB con Hyundai

A continuación tomou a palabra Alfonso Pérez, responsable de márketing do Grupo Ditram, que debullou os cambios que haberá con respecto ao premio «Xogador Hyundai Kona» da anterior tempada. As modificacións afectan tanto na mecánica (os concursantes participarán única e exclusivamente a través das Redes Sociais de Ditramotor ) como nos premios. Cada xornada haberá un gañador ou gañadora , que sairá do concurso que se desenvolverá en Twitter, Instagram ou Facebook e poderá gañar unha chaqueta personalizada co escudo do CB Breogán, e mensualmente, entre tódalas persoas participantes levarase a cabo un sorteo onde poderán gañar unha noite de hotel, en réxime de aloxamento e almorzo, máis dúas horas de circuíto de spa, ademais gozarán dunha comida ou cea nun restaurante con encanto da Ribeira Sacra e a visita guiada a unha das mellores adegas da zona. Ademais poñerase a disposición da persoa gañadora un vehículo Hyundai para que o utilice nos devanditos desprazamentos

Na presentación do acto, Rubén Gil, xerente de Grupo Ditram, anunciou que grazas ao acordo co Cafés Candeas Breogán, aquelas socias e socios que compren calquera vehículo Hyundai no concesionario Ditramotor durante a tempada 18/19 levarán 500 € en combustible, xa sexan gasoil ou gasolina, e no caso de que adquiran un vehículo eléctrico como o novo Hyundai Kona ou o Hyundai Ioniq haberá un desconto similar. Ao mesmo tempo adiantou que debido ao seu regreso á ACB , desde Ditramotor poñeranse á venda unha serie de unidades similares aos Tucson e i30 que ten a disposición o Club Breogán, aínda que os primeiros compartirán o mesmo equipamento que os segundos, a serie especial de venda ao público só levarán a placa conmemorativa do CB Breogán e o logo ACB se os clientes así o desexan .

Trala rolda de prensa os xogadores do CB Breogán Emir Sulejmanovic, Johan Löfberg, Aleksandar Cvetkovic e Henk Norel, recolleron os vehículos dispostos pola marca para o seu uso durante a tempada. Estes son unha serie especial de Hyundai i30 e Hyunday Tucson de cor azul e rotulados para a ocasión.

Unha tempada máis, o Grupo Ditram e Hyundai, apostan polo deporte e polo Breo. Grazas por facer equipo!

O Breo xa roda cara a ACB con Hyundai
O Breo xa roda cara a ACB con Hyundai

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información