O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente

Compartir con

O club celeste inicia unha tempada na que se celebra o seu medio século de historia e na que homenaxeará a persoas e colectivos que foron clave nos últimos 50 anos. Como non podería ser doutro xeito, o primeiro presidente e un dos seus fundadores, José Ramón Varela Portas, foi o protagonista nun acto emotivo e que ergueu dos ao Pazo dos seus asentos para brindar unha ovación das que quedan para a lembranza.

José Ramón Varela Portas recibió una placa de manos del actual presidente, Jesús Lázare
José Ramón Varela Portas recibió una placa de manos del actual presidente, Jesús Lázare
O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente

Alá por 1966, José Ramón xunto aos seus irmáns e outros emprendedores, deron forma a un soño: O de ter un club de baloncesto que se identificara con Lugo e Galicia e chegara  a competir entre os mellores, sendo un orgullo para unha masa social dunha cidade que xa gozaba dende había anos dun deporte en pleno desenvolvemento.

Ese soño é realidade 50 anos despois grazas a aqueles pioneiros. José Ramón Varela Portas foi o primeiro presidente e recibiu, emocionado, de mans do actual presidente Jesús Lázare, e acompañado dalgúns dos membros máis novos da familia Varela Portas, unha placa na que se pode ler un texto de agradecemento e admiración a un home que segue a levar o Breogán no corazón.

A emoción invadiu o Pazo e a ovación durou varios minutos. Foi un xeito que tivo o breoganismo de dar as grazas por un sentimento que segue máis vivo que nunca.

Este primeiro acto abre unha serie de homenaxes que se realizarán nos intermedios dos partidos da tempada 2016/2017.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información