O Cafés Candelas pensa xa na segunda cita da xira canaria

Compartir con

Os celestes, xa en Gran Canaria, preparan sen Brown o difícil reto ante un rival de Euroliga

O domingo ás 13:00 hora peninsular o Cafés Candelas saltará ao parqué do Gran Canaria Arena para eenfrontarse ao Herbalife. Os celestes afrontan o partido coas consabidas baixas de Úriz, Arco e Norel e a recente de Brown, que sofre un esguince que o obrigou a saír da cancha antes de tempo en Tenerife.

O adestrador do Cafés Candelas, Natxo Lexkano, atendeu ao xornalista desprazado ás illas, Raúl Villares, no adestramento do venres no Granca Arena e falou do estado do equipo e de como afronta o partido o conxunto celeste.

Audio cortesía de Radio Galega /Raúl Villares

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información