O Cafés Candelas vence nun intenso partido no Barris Nord (73-86)

Compartir con

A igualdade do encontro quebrouse no cuarto final con actuación destacada do lucense Quintela 

Foto: Pol Puertas - Força Lleida
Foto: Pol Puertas - Força Lleida

Máxima igualdade durante tres cuartos e mesmo moitos minutos de dominio no marcador para os locais. Pero o Cafés Candelas non perdeu a fe no trunfo e un vendaval de xogo e intensidade no cuarto final, liderado por Quintela (dúas triplas e unha canastra de dous nos instantes clave), foi definitivo para  que os celestes venceran por un marcador que non reflicte a dificultade e a entrega que o equipo tivo que amosar para alcanzar o trunfo.

Gran partido de homes como Löfberg (19 puntos e 9 rebotes), Stainbrook (15 puntos e 9 rebotes),  Arco (13 puntos, 3 rebotes, 3 asistencias e 4 recuperacións),  Christian Díaz (9 puntos, 4 rebotes, 5 asisntecias), Quintela (10 puntos, 2 rebotes e 2 asistencias), Demetrio (14 puntos e 5 rebotes).

Foto:Pol Puertas - Força Lleida
Foto:Pol Puertas - Força Lleida
O Cafés Candelas vence nun intenso partido no Barris Nord (73-86)

O equipo celeste, invicto tras tres partidos disputados, pensa xa no encontro do vindeiro sábado día 21 ás 20:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo ante Cáceres  Patrimonio de la Humanidad.

Foto:Pol Puertas - Força Lleida
Foto:Pol Puertas - Força Lleida
Foto:Pol Puertas - Força Lleida
Foto:Pol Puertas - Força Lleida

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información