O CB Breogán dedica o encontro co Granada á difusión da labor de Adace

Compartir con

Granada (Pazo dos Deportes, 18.00 horas), a visibilizar a labor da Asociación Lucense de Dano Cerebral Adquirido, Adace

No marco desta iniciativa, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o club celeste empregará os seus perfís en redes sociais para difundir os servizos que presta a entidade, dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias: centro de día, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, transporte adaptado ou actividades de ocio e tempo libre, entre outros.

Na presentación, a directora do centro de Adace en Lugo, Iria Abel, explicou que “o dano cerebral adquirido ven producido na maioría dos casos por un ictus, un accidente cerebro vascular doutro tipo, un traumatismo ou unha enfermidade rara, cambiando de forma repentina, as circusntancias vitais das persoas que o sufren e das súas familias” e sinalou que “a sensibilización e a información á sociedade son esenciais para mellorar a súa situación”.

O deputado de Deportes Efrén Castro e o director xeral do CB Breogán Tito Díaz coincidiron en salientar “a dimensión social que este tipo de accións lle dan ao deporte”, lembrando que a colaboración entre a Vicepresidencia e o club “pretende ser, a través de accións coma estas, unha ferramenta útil para toda a sociedade”. O director xeral breoganista adiantou ademais que durante o encontro se lembrará ao xornalista Arcadio Silvosa, recentemente falecido.

Ademais da participación en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, coma este caso, o contrato de patrocinio entre a área de Deportes e o CB Breogán prevé diferentes accións do fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a clubs e centros educativos e a promoción de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais das diferentes comarcas.

O CB Breogán dedica o encontro co Granada á difusión da labor de Adace
O CB Breogán dedica o encontro co Granada á difusión da labor de Adace

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información