O EBA arrasa no Pazo

Compartir con

3ª xornada Estudiantes Lugo Leyma Natura (98) vs Fundación Baloncesto León (44) 1º.25-10 2º.24-7 3. 31-15 4. 18-12

O EBA arrasa no Pazo

O partido tivo uns primeiros cinco minutos igualados onde cada equipo lograba anotar con relativa facilidade. A partir dese momento fomos capaces de manter o noso ritmo anotación pero freamos a León cun gran traballo a todo campo e alternativas defensivas que non souberon atacar con claridade, o que nos permitía abrir unha brecha de 15 puntos ao final do primeiro cuarto.

O segundo parcial foi o que rematou por romper o encontro cun parcial de 24 a 7, onde construímos dende atrás boas situacións de contraataque e a súa defensa zonal tampouco puido frear a sangría, como ben reflicte o 49-17 do descanso. El obxectivo na segunda metade era non baixar o listón e manter a concentración e intensidade. O 31-15 dos terceiros dez minutos son o reflexo de que o logramos de sobra. Co equipo visitante fóra do partido, a vantaxe foi sempre en aumento e as sensacións transmitidas polos nosos xogadores agradaron a todos os que onte baixaron ao Pazo.

Partido cun resultado inesperado polo avultado, pero que resume con claridade o que se viu na pista. Gustaríanos destacar a presenza de jugador@s da nosa canteira nas bancadas que lle deron ao encontro unha nota de cor e esperamos que sigan acudindo aoPazo ao longo de toda a tempada

Saída complicada á pista do Basket Coruña. Un equipo que está a raiar a un alto nivel, con moita intensidade defensiva e un equipo amplo que lle dá moi diversas fontes de anotación. Será o sábado enArteixo.

FINAL ESTUvsLE+ôN.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información