O Leite Río Breogán frea ao líder no Pazo (95-71)

Compartir con

O Leite Río Breogán frea ao líder no Pazo (95-71)

O equipo celeste dominou de principio a fin nun Pazo que non deixou de animar

Partidazo do equipo de Diego Epifanio ante o líder. O Breo foi mellor en tódalas facetas do xogo e dende o primeiro minuto. Intensidade defensiva e acerto en ataque foron piares sobre os que o equipo construiu unha vitoria moi importante coa que, ademais, recupera o average ante un dos equipos que aspiran a todo.

Marshawn Powell con 20 puntos, 6 rebotes e 25 tantos de valoración, foi o home máis destacado nun partido no que 5 xogadores locais superaron os 10 puntos (Gavrilovic e Peña 14, Soluade 13, Arco 11 e Powell 20) .

O equipo acumulou 37 rebotes por 21 do rival, ao que tamén superou claramente en asistencias. O Leite Río repartiu 25, o que da unha idea do xogo coral que levou á vitoria.

O Pazo rexistrou unha grande entrada e un ambiente excepcional. As cores azul e amarelo encheron as gradas grazas aos aplaudidores repartidos pola Peña Breogán con motivo do Día contra o Cancro Infantil. Recadáronse fondos para a asociación Somos Unidos por el Cáncer.

O Leite Río Breogán frea ao líder no Pazo (95-71)
O Leite Río Breogán frea ao líder no Pazo (95-71)
O Leite Río Breogán frea ao líder no Pazo (95-71)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información