O Leite Río Breogán incorpora ao internacional mexicano Israel Gutiérrez

Compartir con

Foto FIBA
Foto FIBA

O xogador de 2,08 m e 28 anos procede do Astros de Jalisco e forma parte da selección Mexicana coa que estivo nas ventás FIBA

O Leite Río Breogán chegou a un acordo co internacional mexicano Israel Gutiérrez, procedente do Astros de Jalisco.

Xogador de equipo, traballador e con experiencia, con bo físico, bo bloqueador de xogadores exteriores, Gutiérrez destaca pola súa achega no rebote e a defensa a xogadores de gran envergadura.

Israel Gutiérrez é un pivote que desenvolveu toda a súa carreira en México e Arxentina.

No seu último partido coa selección do seu país na ventá FIBA de novembro, achegou 8 puntos e 9 rebotes en 24 minutos ante Estados Unidos.

O acordo entre o club e o xogador foi moi rápido pola predisposición do internacional para integrarse na disciplina dun equipo estruturado e recoñecido dentro da súa competición como é o Leite Río Breogán, e que lle abre a porta ao seu desexo de coñecer o baloncesto europeo.

O Leite Río Breogán incorpora ao internacional mexicano Israel Gutiérrez
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
O Leite Río Breogán incorpora ao internacional mexicano Israel Gutiérrez

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información