O Ribeira Sacra Breogán sufre, vence en Málaga e segue no alto da táboa (73-80)

Compartir con

O equipo celeste superou unha proba compricada ante un Clínicas Rincón que loita por salvar a categoría e que puxo por momentos contra as cordas ao Breogán nun encontro con altibaixos no xogo. ESTATÍSTICA

O Ribeira Sacra Breogán sufre, vence en Málaga e segue no alto da táboa (73-80)

Era un partido trampa e Lisardo Gómez xa o advertirá na previa.Tras unha longa viaxe por estrada e co peligro de relaxarse ante o colista, o Breogán debía manterse concentrado para non caer en dita trampa. 

Os celestes dominaron no inicio pero o Clínicas non se deixaba derrotar sin dalo todo e , tras acadar o Breo vantaxes superiores aos dez puntos, o equipo local lograba equilibrar o marcador ao descanso (39-39).

Na segunda parte pasou algo parecido á primeira.  Un Ribeira Sacra enchufado lograba despegarse no marcador , pero os locais equilibraron o encontro e mesmo tiveron opción de forzar unha prórroga. Pero o Breogán mantivo a cabeza fría nos intres fináis para levar o seu trunfo número 16 no autocar de volta a Lugo.

Mc Ghee con 19 puntos, Mamadou Samb con 17, e Matulionis con 15 foron os máis destacados no ataque breoganista. 

O equipo lucense pensa xa no encontro do vindeiro sábado día 14 no Pazo (19:45 horas) ante o Palencia Baloncesto.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información