O Río Breogán, recibido polo presidente da Xunta de Galicia

Compartir con

Feijóo destacou a traxectoria do Club Baloncesto Breogán e as súas 25 tempadas no cumio baloncesto nacional

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou  a traxectoria do Club Baloncesto Breogán, o equipo galego que máis tempadas estivo na máxima división nacional: 6 na Primeira División e 18 na ACB que, sumadas a esta nova que emprenden, farán un total de 25 tempadas no cume do baloncesto nacional. Así mesmo, lembrou que o Breogán é o club máis laureado da Copa Galicia de baloncesto, con 13 trofeos, a primeira delas gañada no ano 86 e a última hai escasas semanas en Ferrol. “Estamos a falar dun club histórico cheo de triunfos e superacións, que segue formando da historia do baloncesto galego e nacional”, abundou. O titular da Xunta aproveitou o acto de recepción, ante o ascenso do equipo á ACB, para reiterar o compromiso da Administración autonómica co Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición de Galicia, da Fundación Deporte Gallego.

Na recepción estivo presente unha representación do equipo que acadou o ascenso e membros do consello de admisnitración deleste encabezado polo presidente, José Antonio Caneda, que agradeceu á Xunta o apoio e reiterou o compromiso por levar con orgullo o nome de Galicia pola máxima competición nacional.

O Río Breogán, recibido polo presidente da Xunta de Galicia
O Río Breogán, recibido polo presidente da Xunta de Galicia
O Río Breogán, recibido polo presidente da Xunta de Galicia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información