Ofoegbu afronta «un novo comezo» no Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O novo xogador celeste presentouse ante os medios de comunicación poucas horas despois de chegar a Lugo e tras completar a primeira sesión de adestramento cos seus novos compañeiros. O interior asegurou estar ilusionado con esta nova etapa: «En España están as mellores ligas de Europa e para min é unha oportunidade e un novo comezo».

Ofoegbu afronta «un novo comezo» no Cafés Candelas Breogán

Sobre o seu novo club, Ofoegbu asegurou ter boas referencias, de compañeiros da liga austríaca da que provén, do club e da súa afección: «É unha motivación especial xogar aquí e espero demostrar a miña valía axudando ao equipo en todo o que poida».

O pivote definiuse como «Un xogador de equipo preparado para facer o que pida o adestrador, sempre con moita intensidade».

John Ofoegbu, de 2,05 e procedente do BC Hallmann Vienna, podería debutar o sábado no pazo ante o Peñas Huesca.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información