Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai

Compartir con

Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai

O Grupo Ditram, concesionario da marca en Lugo aposta un ano máis por facer equipo

Tres Hyundai Tucson e tres Hyundai Kona novos e rotulados circulan xa por Lugo con xogadores e técnicos do Leite Río Breogán ao volante.

Unha tempada máis o concesionario Ditramotor do Grupo Ditram recibiu a visita dos deportistas para recoller os seus coches.

Grupo Ditram cubre co seu patrocinio e colaboración uns dos aspectos importantes para o día a día do equipo. Pero como é habitual a colaboración de Grupo Ditram non queda na cesión dos vehículos xa que propoñerá diversas actividades nas que pedirá a participación dos seareiros celestes coo concursos con premios exclusivos da marca como ven sendo habitual nas últimas tempadas.

No acto de entrega estiveron tamén presentes o Director Xeral do club, Tito Díaz, e o adestrador Digo Epifanio que agradeceron a Grupo Ditram o seu apoio ao club, e por parte do concesionario o seu Xerente José Ramón López,  que desexou os maiores éxitos ao club.

Hyundai, DItramotor e Grupo Ditram están no importante grupo das “Empresas que fan equipo” co Breo.

Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai
Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai
Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai
Os xogadores do Breo xa conducen os seus Hyundai

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información