Merca o teu bono para a primeira rolda de play off

Compartir con

O venres día 5 (20:45h) e o domingo día 7 (18:30h.), cita no Pazo coa loita polo ascenso

Os bonos e entradas estarán dispoñibles so online. Os aboados terán prezos reducidos tanto nos bonos que inclúen os  partidos de toda a rolda (máximo de 3 na primeira en caso de ir a un quinto partido) e a opción de mercar entradas individuais tamén con prezo especial. 

Os posuidores de abono senior da tempada 2016/2017 terán a opción de mercar un segundo bono a prezo reducido para un acompañante. Esta compra debe facerse no mesmo momento da compra do abono inicial. Esta opción estará habilitada ata o venres día 5 ás 12:00 horas.

Os  aboados  con localidade reservada manterán o seu asento numerado.

A venta farase online e os aboados terán que identificarse nun formulario de compra cos datos que figuran na base de abonados do club e que facilitaron no momento  da  alta na tempada. 

En caso de erro ou dúbida, poderán poñerse en contacto coas oficinas para tramitar a compra e completar os datos erróneos ou incompletos. O club traballa para acelerar a dixitalización de datos e as opcións online para a comodidade dos aboados e afeccionados. Habilítase un chat e atención telefónica en horario de oficina para asistir aos afeccionados que o precisen .

Agradecemos aos aboados a comprensión ante os posibles erros na etapa inicial do proceso.

-- ACCEDER A TENDA  --

Merca o teu bono para a primeira rolda de play off

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información