Salva Arco, un MVP con galóns de capitán

Compartir con

Foto El Progreso/ S. Senande
Foto El Progreso/ S. Senande

O xogador do Leite Río soumou 29 tantos de valoración

Con 23 puntos (8/9 TL e 7/12 TC), 4 rebotes, 2 asistencias e 8 faltas recibidas, o capitán do Leite Río Breogán, Salva Arco, proclamouse MVP da vixésima xornada de LEB Oro. Unha actuación determinante para que o equipo celeste sumara unha vitoria ante un dos grandes da categoría: o Chocolates Trapa Palencia, nun partido no que as baixas de Roope Ahonen e Saluade poñían moi complicado o reto do Pazo. Ben acompañado do resto do equipo, e dun estelar Christian Díaz, o capitán fíxose co mando dun partido que rematou coa grada en pé agradecendo ao equipo o esforzo.

Un MVP semanal moi merecido e non só polo que conta a estatística. Arco é un capitán en tódolos sentidos e cada xesto, cada esforzo, tanto no partido como nos días previos, como ven sendo en tódalas tempadas como celeste, van dirixidos a que o equipo estea preparado para cada batalla. Un MVP con tódalas letras. Unhas siglas ás que no caso de Salva só lles falta o “L” de Líder.

Salva Arco, un MVP con galóns de capitán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información