Sen pelota non hai partido! Búscase pequeno "BasketLover" que porte o balón do Breo-Fuenla

Compartir con

Poden optar nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e un deles entregará o balón de partido aos árbitros na pista do Pazo

O Breo sempre pensa nos seus afeccionados máis novos. Tamén o Fai Liga Endesa, e a través da web de Endesa Basket Lover busca nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que queiran vivir a experiencia de portar o balón dun partido oficial.

No Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada da xornada 24 que se disputará no Pazo (domingo 24 de marzo, 12:30 horas), un deses pequenos BasketLovers entregará o balón co que os dous equipos loitarán pola vitoria.

A participación é aberta a todolos que se apunten na web de Endesa Basket Lover.

Buscamos a quen traia a pelota, porque sen pelota non hai partido!

Sen pelota non hai partido! Búscase pequeno "BasketLover" que porte o balón do Breo-Fuenla

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información