Súmate á Marea Celeste a Riazor

Compartir con

O Domingo día 8 ás 12:00 horas o Palacio de Deportes de Riazor acollerá o derbi galego entre Leyma Básquet Coruña e Ribeira Sacra Breogán Lugo. O Breogán disporá un autocar para os afeccionados que desexen apuntarse. Tamén hai á venda en oficias un número de entradas remitidas por Básquet Coruña.

Súmate á Marea Celeste a Riazor

O autobús da afección ten un custo por persoa de 5€ e será preciso cubrir un mínimo de prazas para que se confirme.

A saída prevista será ás 10:00 horas do domingo do aparcadoiro do Pazo, e o regreso tralo encontro.

Para apuntarse será necesario pasar polas oficinas do Pazo dos Deportes antes do venres día 6 ás  20:00 horas e abonar os 5€ e deixar os datos de contacto no club. (Os menores de idade que queiran viaxar sos Terán que ter una autorización expresa por escrito de pais ou titores).

Tamén hai a posibilidade de adquirir una das entradas remitidas polo club coruñés que se venderán a un prezo de 15€ para maiores de 18 anos e 6€ para os menores.

O horario de atención nas oficinas do Pazo será de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas ata o venres.

As persoas que non viaxen con entrada poderán adquirila en taquilla dende una hora antes do encontro.  Tamén se atopan á venda nas oficinas do Básquet Coruña (Avenida da Habana, Estadio de Riazor) de luns a xoves de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, e venres de 10 a 13:30 horas.

PREZOS DE ENTRADAS:
Entrada Ordinaria: 15 euros
Entrada Infantil (menores de 18 anos): 6 euros
Aboados do Básquet Coruña maiores de 18 anos: 10 euros
Abonados do Básquet Coruña menores de 18 anos: Gratis 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información