Un 2020 celeste nas redes

Compartir con

Informe weTALK
Informe weTALK

Segundo publica a axencia weTALK no seu informe sobre o ano 2020, as contas oficiais do Río Breogán dominaron no número de interaccións tanto en Twitter como en Instagram

A axencia de comunicación weTALK publicou un informe sobre a actividade de clubs e deportistas galegos. O Río Breogán liderou as interaccións en Twitter e Instagram do deporte da canastra en Galicia.

En Twitter só un club supera en número de seguidores ao Breo: o Obradoiro que contaba a finais de 2020 con 32.820, polos 15.939 do club celeste. Pero no tocante a interacción (RT e Like), o Breo foi superior ao resto de clubs, acadando 79.421 likes e 11.235 RT (polos 47.355 likes e .7354 RT do Obra). Leyma Coruña, COB, Celta Baloncesto, Baxi Ferrol e Ensino completan a lista deste ranking proposto por weTALK.

En Instagram, no ano 2020, o Río Breogán superou a tódolos clubs galegos de baloncesto tanto en número de seguidores como en interaccións. O equipo celeste duplicou ao segundo, o Obra, en número de interaccións (200.915 na conta do Breo e 106.074 na do Obradoiro). O Río Breogán tamén liderou en seguidores nesta rede social.

No apartado individual, o técnico axudante do Río Breogán Javier Muñoz, figura como  top 7 en seguidores en  Twitter en 2020 , nunha clasificación  baloncestístico no que destacan profesionais como Moncho Fernández, Alberto Abalde, Tamara Abalde ou Jonathan Barreiro.

Este resultado, especialmente nun ano complicado como foi o 2020, é froito dun traballo intenso nas redes, pero sobre todo é grazas á fidelidade e ilusión dunha afección incombustible do baloncesto en Lugo e en Galicia, que seguiu pendente do seu club nun ano especialmente duro polas circunstancias derivadas da pandemia. Datos, tanto do Breo como do resto de equipos, que amosan un importante interese polo baloncesto en Galicia que se deixa notar tamén nas redes.

Desde o Breo queremos agradecer á afección do baloncesto galego polo seguimento e apoio, independentemente das cores, e felicitar aos responsables das redes sociais dos clubs polo seu traballo pola difusión do deporte da canastra.

Un agradecemento especial á axencia weTALK polo coidado traballo que desenvolven.

Grazas!

Máis información en www.wetalkmedia.es

Informe weTALK
Informe weTALK

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información