Vitoria contundente do Leite Río Breogán no Pazo (86-63)

Compartir con

Os celestes dominaron o partido dende o inicio e frearon os intentos de remontada dos granadinos

Vitoria contundente do Leite Río Breogán no Pazo (86-63)

Bo debut no Pazo de Brown con 10 puntos, 3 rebotes e 7 asistencias. Gavrilovoc foi o home máis valorado (21v.) e achegou 10 puntos, 2 rebotes e 5 recuperacións. Powell foi o máximo anotador con 15 puntos e Olah o mellor no rebote con 8 capturas.

Os celestes dominaron claramente no primeiro e no último cuarto (26-12 e 20-9) e os visittantes equilibraron o partido nos dos cuartos centrais (20-21 e 20-21).

O Pazo como é habitual, amosou un aspecto magnífico con máis de 4000 espectadores animando ao seu equipo.

Nos prolegómenos do partido os dous equipos e o trio arbitral posaron cunha pancarta con motivo do Día da Muller que se celebra este domingo día 8.

O Leite Río pensa xa na complicada visita ao GBC do domingo 15 de marzo ás 18 horas.

Vitoria contundente do Leite Río Breogán no Pazo (86-63)
Vitoria contundente do Leite Río Breogán no Pazo (86-63)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información