Vitoria e paso adiante do Leite Río en Huesca (71-87)

Compartir con

Os celestes sumaron o seu quinto triunfo da tempada

Vitoria e paso adiante do Leite Río en Huesca (71-87)
Vitoria e paso adiante do Leite Río en Huesca (71-87)

O Leite Río Breogán mostrouse máis intenso e respondeu á procura que solicitara o seu técnico na previa de solidariedade e esforzo en equipo para esquecede a ansiedade das últimas xornadas.

Os celestes mostráronse moi acertados desde o xogo exterior no inicio o que lle permitiu chegar a vantaxes que roldaron os 20 puntos, pero tamén houbo máis intensidade e dureza en defensa e preto do aro, o que mantivo ao equipo por diante mesmo cando Levitec Huesca apertou para achegarse a 5 puntos no terceiro cuarto.

Mo Soluade foi o xogador máis valorado do Leite Río con 17 enteiros tras asinar 14 puntos, 5 asistencias e 3 rebotes. Dago Pena anotou 15 puntos e Ahonen e Nurger 11.

O equipo celeste non puido contar cos lesionados José Nogues e Thomas de Thaey. Ante a posible baixa de longa duración do belga, o club traballa para incorporar un reforzo ao equipo.

O Leite Río volve ao Pazo o vindeiro sábado 23 ás 17:00 horas cun derbi ante Marín Ence Peixegalego.

 

Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información