Zan Mark Sisko sae do Río Breogán por motivos persoais

Compartir con

O xogador comunicou a súa decisión e o club busca no mercado un substituto de garantías

Zan Mark Sisko comunicou ao club a súa decisión de parar a súa carreira por motivos persoais. O director xeral, Tito Díaz, anunciouno en rolda de prensa desexándolle ao xogador o mellor no seu futuro persoal e profesional e solicitando o máximo respecto por unha decisión que pertence ao ámbito persoal do xogador.

Tito Díaz tamén confirmou que o club traballa para atopar un substituto.

 

Despois de tentar durante algún tempo de volver encamiñar a miña carreira polo camiño correcto tras un ano de ausencia, as cousas non saíron como esperaba e planeaba, así que tiven que tomar a difícil decisión de deter a miña carreira no baloncesto e abrir un novo capítulo na miña vida. Gustaríame agradecer a toda a xente do club, por todo o apoio e a oportunidade que me brindaron. Tamén me gustaría dar as grazas a todos os afeccionados polo amor e o apoio que me mostraron neste curto período de tempo. Deséxolles todo o mellor para o futuro!

Zan Mark Sisko

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información