Ben McLemore chega ao Río Breogán

Compartir con

O escolta norteamericano, primeira rolda do Draft NBA 2013, conta cunha ampla traxectoria na mellor liga do mundo onde disputou 556 partidos

 

O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao xogador estadounidense Ben McLemore (Saint Louis, Misuri, 11 de febreiro de 1993).

McLemore é un escolta de 1,96 m. elixido en sétima posición en primeira rolda do Draft NBA 2013 por Sacramento Kings onde xoga o seu primeiras catro tempadas na liga. Tras unha campaña en Memphis Grizzlies regresa a Sacramento para a campaña 2018/19.

A súa traxectoria NBA complétase con pasos por Houston Rockets (2019-2021), Os Angeles Lakers (21 partidos no tramo final da tempada 20-21) e Portland onde xoga 64 partidos na tempada 2021/22.

McLemore atesoura 556 partidos en NBA, sendo titular en 267 deles, cunha media de 22,5 minutos disputados por encontro, 9 puntos e 2,3 rebotes.

A súa primeira experiencia fóra de Estados Unidos tívoa en China cos Sahndong Hi-Speed Kirin desde onde salta a Europa para enrolarse en e AEK de Atenas desde onde chega ao Río Breogán.

Con AEK de Atenas na súa primeira experiencia en Europa promedió en 9,7 puntos na liga grega e 9,2 puntos en Basketball Champions League cunha media de 19’ xogados en ambas as competicións.

O novo xogador del Río Breogán é un escolta con gran capacidade de anotación, bo tirador atlético e rápido sobre a cancha con talento para anotar tanto desde longa distancia como en penetración.

Ben McLemore chega ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información