Información entradas derbi galego

Compartir con

O 23 de decembro o Río Breogán recibe ao Monbús Obradoiro no Pazo (20:45h)

As entradas para o derbi no Pazo sairon á venda o luns 18 na taquilla online de cbbreogan.com

Estableceuse un prazo preferente para que os abonados do Río Breogán (que teñen acceso ao partido co seu abono) poidan mercar entradas a maiores. Este prazo estará aberto ata o xoves 21.

A venda das entradas restantes abrirase ao público xeral o venres 22.

Os prezos de taquilla serán 20€ para menores de 18 anos e 30€ para maiores nos fondos, e 30 para menores e 40 para maiores de 18 nos laterais.

Os abonados que non asistan ao partido poderán liberar as súas localidades. En caso de que a localidade sexa vendida en taquilla, o propietario da localidade recibirá unha bufanda do club en agradecemento.

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE INTRCAMBIO DE ENTRADAS

Desde o CB Breogán aclaramos que, como en pasadas tempadas, negociouse co Obradoiro o intercambio inicial dun número de entradas a precio reducido. Tras un  acordo de intercambio de 150 entradas, o club visitante, polas súas circunstancias internas, comunicou a súa lexítima intención de non executar as opcións propostas (de 150 e posteriormente de 60 entradas).
O CB Breogán, tras recibir a comunicación do club visitante, desbloqueou para a venda as entradas que dispuxera inicialmente para o intercambio. Pasadas unhas primeiras horas de venda unha vez aberta a taquilla, con alta demanda, persoal do Obradoiro solicitou 40 entradas a favor das súas peñas, e que foron bloqueadas de novo polo Club en zona conxunta e dentro das posibilidades mínimas que ofrecía o aforo xa coa taquilla aberta.
Desde o CB Breogán queremos manifestar o noso desexo de que o derbi, unha das citas máis agardadas da tempada, se desenvolva coma sempre nun ambiente festivo e de sana rivalidade, e tendo en conta a predisposición á colaboración mutua entre ámbalas dúas entidades.

Información entradas derbi galego

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información