Merecido recoñecemento a ASPNAIS

Compartir con

O Breogán dedicarán o partido do sábado a esta institución lucense

Merecido recoñecemento a ASPNAIS

ASPNAIS cumpriu recente mente 50 anos de vida como o Breogán. A Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo leva medio século traballando pola plena inclusión dos seus usuarios, sendo parte importante das familias e un apoio fundamental para unha sociedade como na que convivimos.

Dende hai moitos anos o Breogán e ASPNAIS manteñen unha colaboración que se materializa, por exemplo, na inclusión dos partidos do Breo no Pazo como parte das actividades de ocio dos usuarios de ASPNAIS. Ë habitual ver a monitores e usuarios gozando de partidos e animando como os que máis sendo parte importante da nosa afección. Tamén temos colaboracións temporais nas que usuarios de ASPNAIS traballaron cóbado con cóbado co equipo en labores de axuda en pista e organización de partidos.

Tamén é habitual que agasallos do club, como o trofeo do Xogador Julio Vila e outros compromisos do club, saian dos talleres onde os usuarios de ASPNAIS  crean, transforman e poñen ao servizo da sociedade múltiples pezas de artesanía e deseño, amosando unha vez máis a plena capacidade para formar parte dunha sociedade na que todos somos pezas importantes.

Merecido recoñecemento a ASPNAIS

ASNAIS conta con Centro de Día, Centro Ocupacional e Centro Residencial onde atenden as necesidades de  usuarios e traballan pola súa plena inclusión.

ASPNAIS conta cun amplo e experimentado grupo humano de máis de cincuenta profesionais altamente cualificados formado por psicólogos, pedagogos, traballadores e educadores sociais, responsables de diversas áreas ocupacionais e talleres, administrativos, persoal de cociña, xardinería, coidadores…

O Breogán quere, dentro dos actos do 50 aniversario nos que traballa a prol de diversas iniciativas sociais, recoñecer o trabllo e a traxectoria de ASPNAIS no partido do sábado 11 de marzo no Pazo ante GBC. Alí estarán os usuarios que non fallan, acompañados por monitores, traballadores de ASPNAIS e familiares, que son tamén parte da nosa familia celeste.

Merecido recoñecemento a ASPNAIS

Os actos relativos a esta homenaxe foron presentados polo Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, o Presidente de ASPNAIS, José Reigosa, e o deputado de deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información