O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85

Compartir con

Homenaxe para a lembranza a un equipo para a historia

O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85

O mesmo Areñas, o speaker do Breogán confesou cumprir un soño: o de presentar a ese equipo de mediados dos 80 que acadou a mellor  clasificación dun equipo  galego na historia da ACB (6º) e que é “culpable” de que unha parte importante da grada celeste leve o breoganismo no sangue.

O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85

Areñas presentou ao Tito Díaz, Liru Valiño, Tomás  Jimenez e Suso  Fernández, nomeou aos ausentes e, con palabras de lembranza para os falecidos Abadía e Garrido,  finalmente pediu unha enorme ovación para un adestrador que gañou con carisma  e traballo o corazón da historia  breoganista: José Antonio Figueroa, que viaxou dende Bilbao, onde reside, para recibir un merecido e emocionado aplauso.

Todos recibiron de mans do presidente e do consello de admisnistración unha placa en lembranza da homenaxe.

O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85
O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85

Uns minutos cargados de emoción enmarcados polo aplauso unánime dun Pazo espectacular que recoñeceu a  importancia histórica  dun equipo que quedará para sempre nos anales celestes

O Pazo rendeuse aos heroes celestes da 84/85

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información