O Río Breogán busca a segunda vitoria en Europa

Compartir con

Visita ao Bonn Telekom (mércores 20:30 horas, TVG2)

O Equipo celeste viaxou o martes tras realizar unha sesión de adestramento no Pazo dos Deportes. O Río Breogán fixo escala en Madrid e aterrou na cidade de Düsseldorf, e desprazouse ata Bonn nunha viaxe dunha hora por estrada.

Na expedición breoganista están Anthony Polite e Sergi García. Os dous xogadores están moi preto de reaparecer tras atoparse recuperados dos seus problemas físicos.

O partido, que se emitirá en directo pola segunda canle da Televisión de Galicia.

Os celestes non estarán sos en Bonn e unha boa representación da Marea Celeste, animará ao seu equipo nas gradas do Telekom Dome. Os case dous mil quilómetros que separan Bonn de Lugo non foron, tampouco nesta ocasión, obstáculo para unha afección que merece cada esforzo e agradecemento por parte do equipo.

O Telekom Baskets Bonn – Río Breogán pertence á terceira xornada de BCL. Os lucense venceron na primeira no Pazo ao Bursaspor (68-48 ), e a segunda xornada ante o Hapoel Holon, que foi adiada, xogarase en Letonia, no Arena Riga, o vindeiro día 15 tras un cambio de localización que situaba a Atenas inicialmente como sede do partido, dada a situación en Israel que impide a disputa de encontros no seu territorio. Este cambio obriga a unha nova planificación de viaxe para os celestes, xa programada grazas á colaboración da axencia oficial do club BCD Sports – Halcón Viajes.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información