Un partido con homenaxes e emocións aseguradas

Compartir con

O do sábado no Pazo será  un partido especial por múltiples motivos

A partires das 20:00 horas do sábado, o pazo dos Deportes  acollerá un espectáculo de primeiro nivel no eido deportivo con dous equipos loitando pola coroa de LEB Ouro. Pero os motivos  para non faltar non que dan aí.

Nos prolegómenos do partido haberá homenaxe a ASPNAIS, unha institución que leva traballando polo benestar de moitas familias lucenses dende hai 50 anos,  e que  nacía polos mesmos días  que o facía o Breo. O Partido estará dedicado a homenaxear a labor desta Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo.

No descanso entre o primeiro e segundo cuarto volverá a emoción da Canastra Star Center, e entre o 3ª e o último  saberemos quen será o segundo gañador da rifa dunha cea con xogadores e técnicos do Cafés Candelas Breogán, e nesta ocasión sumarase un segundo gañador  que levará unha camiseta do 50aniversario do club.

 

Un partido con homenaxes e emocións aseguradas

O Mellor equipo da Historia

Pero será no descanso onde o Pazo poderá homenaxear a parte importante da súa historia. Saltarán ao parqué do Universitario o adestrador e varios xogadores daquel equipo considerado como o mellor galego da Historia. Saltarán á pista unha representación do Breogán 1984-1985 con estrelas do seu tempo como Tito Díaz, Tomás Jimenez, Liru, Suso Fernández e o adestrador daquela  tempada  Jose Antonio Figueroa.

A revista especializada ZonaPress levou oequipo a portada no seu Nº5
A revista especializada ZonaPress levou oequipo a portada no seu Nº5

Será un momento sen dúbida especial no Pazo que segue a honrar os seus 50 anos de historia.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información