A FEB e os clubs de LEB Oro traballan para buscar unha saída á paralización da competición

Compartir con

Mantiveron unha reunión telemática de posta en común

Representantes da FEB e dos clubs de LEB Oro mantiveron unha longa xuntanza telemática durante este mércores para poñer en común os aspectos relativos ao estado e futuro da competición ante a súa paralización polo COVID19.

O director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, foi o representante do club lucense no encontro e expuxo a postura do Breogán que sondea a posibilidade de xogar unha fase de ascenso en canto sexa posible.

Cada club explicou as súas circunstancias e a FEB remitirá durante os vindeiros días un amplo documento cun cuestionario detallado sobre tódolos escenarios posibles para estudar a postura de cada entidade. Cando a Federación posúa toda a información volverá a reunirse cos representantes a principios da vindeira semana.

O obxectivo común é buscar a viabilidade da competición e o consenso para que a decisión final que se tome sobre o desenlace da liga sexa o menos lesivo para todos e ofreza garantías para retomar a competición no seu momento. Ademais búscase que a vindeira tempada se poida iniciar e desenvolver con normalidade e evitando posibles paralizacións derivadas de recursos ou alegacións presentadas polo que aconteza finalmente este curso.

A postura do CB Breogán ante esta complicada situación sempre busca a mellor saida para o club, pensando especialmente na súa masa social, patrocinadores e institucións que apoian o proxecto deportivo e social.

A FEB e os clubs de LEB Oro traballan para buscar unha saída á paralización da competición

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información