Entradas para o Río Breogán – San Pablo Burgos

Compartir con

Os aboados terán preferencia sobre entradas a prezo reducido para acompañantes ata unha hora antes do partido

O Río Breogán recibe ao Hereda San Pablo Burgos o domingo día 3 de abril ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes.

Os aboados accederán ao encontro como é habitual, co seu abono de tempada, e ademais, como aconteceu no derbi da pasada xornada, o club facilita aos socios a opción de mercar entradas a prezo reducido para amigos.

Para acceder ás entradas de cortesía, os aboados terán que identificarse na taquilla online cos seus datos de abono de tempada 2021-22.

Preferencia sobre entradas de cortesía:

Os aboados do Río Breogán da presente tempada terán preferencia de acceso sobre entradas de cortesía a precio vantaxoso desde este martes ás 11:00 horas e ata o xoves 30 ás 14:00 horas ATA UNHA HORA ANTES DO PARTIDO (a 15€ para maiores de 18 e 8€ os menores).

Público xeral:

Desde o xoves ás 16:00 horas, realizarase a venda das entradas restantes a prezos xerais de 25€ para maiores de 18 anos e 15€ para os menores de idade (entre 5 e 17 anos). A venda efectuarase online, e desde unha hora antes do partido en taquilla física do Pazo ata cubrir aforo.

TAQUILLA ONLINE

Entradas para o Río Breogán – San Pablo Burgos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información