O día perfecto de Musa

Compartir con

Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo

A estrela celeste anotou a canastra gañadora nun Pazo espectacular e recibiu o MVP Movistar de febreiro de mans da afección e coa presenza do mito Alfredo Pérez 

O trofeo MVP Movistar de febreiro estaba custodiado por unha familia breoganista en representación da afección á espera de atopar o momento idóneo par que o MVP o recibise como merecía. Foi unha tarde espectacular, cun derbi de alta voltaxe no que Musa anotou a canastra gañadora (en total 23 puntos, 7 rebotes e 2 asistencias) e durante a celebración do equipo, o speaker anunciaba que Adrián e o seu fillo Iván baixaban o trofeo ao centro da pista, onde acudiu tamén o admirado Alfredo Pérez, un dos grandes canoneiros españois que deixou pegada ao seu paso polo Breo dos anos 70 cunha media anotadora récord para un xogador nacional que se mantivo ata a chegada do mellor Juan Carlos Navarro.

Musa agradeceu ao Pazo e aos seus compañeiros o apoio e o recoñecemento. A estrela bosníaca sorrí coa celeste e rodeado do que considera a súa “familia”. Parabéns brate!

Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
Fotos Carlos Castro ACB Photo
O día perfecto de Musa

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información