Coñecendo mellor ALUCEM

Compartir con

Tras dedicar a semana do derbi á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, sabemos algo máis sobre a doenza

Coñecendo mellor ALUCEM

En Lugo máis de 400 persoas están diagnosticadas de Esclerose. En Galicia, a comunidade máis afectada,son máis de 3.000 os que sofren unha doenza que afecta a máis de 47.000 persoas en España.

Coñecida como a enfermidade das mil caras,a Esclerose Múltiple maniféstase de xeito  diferente en cada paciente.

ALUCEM, nada en 1996, procura mellorar a calidade de vida dos afectados con apoio en diversas facetas como a fisioterapia, a psicoloxía e outras. Ademais, asociación acolle a persoas afectadas por outras doenzas que teñan necesidades parecidas aos  dos afectados pola Esclerose.

A Esclerose múltiple maniféstase maioritariamente en persoas de entre 20 e 40 anos de idade, e moitos  dos seus síntomas son pouco visibles como a fatiga, a perda de equilibrio ou os problema de visión.

A Esclerose Múltiple Recorrente Remitente é a mais común dentro do espectro da doenza. Os afectados sofren brotes que poden durar días,semanas ou meses e varían moito  dun episodio a outro dependendo da área neurolóxica á que afecte.

Outro tipo é a Esclerose Progresiva, á que evolucionan moitos dos afectados da tipo recorrente, e que ten unha sintomatoloxía progresiva.

Actualmente están en marcha multitude de estudos e medicamentos que axudan aos doentes, aínda que ningún polo de agora repara os danos causados pola doenza. Pero dende ALUCEM insisten en que manteñen a confianza e a esperanza de que  pronto os tratamentos sexan moito máis efectivos dados os avances médicos e farmacolóxicos.

 

Coñecendo mellor ALUCEM

Dende o CB Breogán,co impulso da Deputación de Lugo,quixemos achegarnos a ALUCEM para coñecer a realidade dos afectados, o traballo da asociación e dar visibilidade a un colectivo que traballa moi duro para a mellora da calidade de vida dunha doenza eu non so afecta ao paciente,  senón tamén a familias e achegados.

Unha das actividades foi a visita ao local onde traballa Alba,  a fisioterapeuta de ALUCEM, e onde esixe ao máximo aos pacientes para mellorar a súa calidade de vida, sen perder o sorriso. Ata alí foron o xogador Mario Cabanas e o fisio celeste Jaime Capellá. Tamén coñecemos a membros de ALUCEM cos que pasamos unha agradable tarde falando de moitas cousas. Coñecemos mellor  o seu día a día e tamén recibimos os seus ánimos para o partido ante Básquet Coruña,  onde estiveron convidados e situaron unha mesa informativa.

De persoas como Rachel, Pilar, Domingo, María, Alba e moitos outras persoas de ALUCEM aprendemos que manterse positivo e ter sempre sentido  do humor, son ingredientes clave para loitar contra as adversidades.

Grazas a tódolos membros de ALUCEM. Fagamos equipo! 

Coñecendo mellor ALUCEM
Coñecendo mellor ALUCEM

Esta actividade enmárcase no programa de acción social e promoción dos valores do deporte que conta co patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información