E volveron as boinas e as zocas

Compartir con

O Pazo homenaxeou á mítica peña celeste que animou  dende a grada coma nos vellos  tempos

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz

Vestiron a boina, as camisetas celestes, animaron,  cantaron e recibiron o recoñecemento unánime dos presentes no Pazo. Ese é o resumo dunha tarde especial na que o Gozou co que aconteceu na pista cun gran partido do Breo, e co ambientazo na grada ao que contribuíron os Boinas e Zocas, xuntos anos despois pero sen perder nin un ápice o seu amos polo seu Breo.

Recibiron a homenaxe polos 50 anos de Breo como parte imprescindible da nosa historia, atrevéronse a cantar unha das súas cancións e animaron acompañados pola banda de música de Rábade.

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz
E volveron as boinas e as zocas

O presidente Jesús Lázare entregoulles unha placa conmemorativa e o Pazo  recoñeceu a súa  contribución histórica no medio século  de breoganismo.

Unha tarde inesquecible cunha peña que nos  fixo viaxar a aquelas memorables tardes no Municipal.

Grazas!!

E volveron as boinas e as zocas
E volveron as boinas e as zocas
E volveron as boinas e as zocas

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información