Pesar polo pasamento de Pablo Casado, adestrador celeste nos 80

Compartir con

O técnico que adestrou ao Breo no ano da Korac faleceu aos 73 anos en Las Palmas

O C. B. Breogán quere unirse ás numerosas mostras de condolencia que estána recibir a familia e achegados do adestrador que dirixiu ao Breogán naquela tempada 1985/86 que chegou ata cuartos de final da Korac.
Casado figurará para sempre entre as liñas da xa ampla historia breoganista, que supera xa o medio século, e farao fomando parte dunha tempada histórica na que dirixiu ao Breogán de Tito Díaz, Manel , Sacedo, Suso Fernández, Garrido, King, Wright, Sanjurjo , Docobo, García, Alonso, e coa axuda de técnicos como Allende, Gonzalo ou Patao, que disputaron a única competición europea da traxectoria celeste.

No partido deste martes ante Calzados Robusta, será lembrado.

Ata sempre coach

Casado (de pé no centro da imaxe) co seu equipo da 1985/86
Casado (de pé no centro da imaxe) co seu equipo da 1985/86

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información