O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo

Compartir con

O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo

Os xogadores Christian Díaz e Alec Brown e o adestrador axudante Pablo Abuín estiveron cos alumnos do centro

Espectacular recibimento no Colexio Público Sagrado Corazón de Lugo ao Breo.

Un auditorio cheo e con ducias de mans erguidas para facer preguntas aos xogadores, recibiu aos celestes, que micrófono en man, responderon cada dúbida e descubriron que entre os alumnos e Mestres hai moitos habituais na grada do Pazo.

Tras unha charla na que se falou, entre outros temas, da importancia do adestramento e traballo diario ou dos inicios dos xogadores no mundo do deporte, os visitantes asinaron autógrafos a tódolos alumnos que o solicitaron e remataron a visita percorrendo as aulas de educación infantil para estar cos máis novos.

Agradecemos ao profesorado, dirección e alumnos do centro o recibimento e agardamos velo a todo pronto no Pazo.

O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo
O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo
O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo
O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo
O Breo visitou o Colexio Sagrado Corazón de Lugo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información