O luns día 11, primeira fase de venta de abonos para a nova tempada

Compartir con

A implantación progresiva dun novo programa dixitalizado e online precisará escalonar as altas nalgúns casos e o paso polas oficinas de parte dos afeccionados para facer as altas. A intención é que a medio prazo tódalas xestións poidan facerse online.

Dende o vindeiro luns día 11 os afeccionados que o desexen poderán facer uso da plataforma de Internet para a renovación de abono da tempada 17/18 nos seguintes supostos:

  • Socios novos sen asento para os fondos “Campus” e Estadio.
  • Socios novos que desexen un asento nas zonas  “Lugo A” , “Lugo A Banco ”, “Lugo D”, “Lugo D Banco” así como “Miño A” , “Miño A Banco”, “Miño D Banco” e  “Miño D”  (Zonas sen reservas da pasada tempada).
  • Socios da tempada 16/17 que desexen confirmar o seu asento sen cambios e sen engadir novas reservas de asentos.

 

TAMÉN SO DE XEITO PRESENCIAL:

Os socios da tempada 16/17 con reserva de asento que desexen mudar a súa localidade ou ben engadir asentos para a súa familia (para os que entren nos descontos familiares: fillos menores de 18 e parella) disporán dun prazo preferente sobre as súas localidades ata o día 19 de setembro ás 20 horas.

Estes socios, pasando polas oficinas do club, poderán mudar as súas localidades ou engadir novos asentos ao paquete familiar entre os asentos que o sistema ten bloqueado (2.800 localidades) para poder facilitar os cambios aos seus aboados.

Finalizado este prazo o sistema liberará os asentos libres para os  abonados do ano pasado que non dispoñan de asento ou ben para os novos abonados. Este prazo preferente manterase ata o luns 25 ás 20:00 horas.

O martes 26 ábrese o acceso ás localidades aos novos abonados.

 

PREGUNTAS FRECUENTES

 

 

O proceso de renovación comezará na paxina principal do WWW.cbbregan.gal e premendo no link habilitado que dirixirá á aplicación online.

Resumo do proceso online:

Inicio : Identificación:

  • Aboado da pasada tempada:
  1. Número de abonado da tempada 16/17 impreso no seu carnet e contrasinal (os mesmos da taquilla online da tempada pasada). Os grupos familiares da pasada tempada apareceran vencellados ao primeiro usuario para renovación/modificación de todo o grupo familiar sendo unicamente necesario unha única sesión aberta para renovar os abonos.
  2. No caso de non lembrar o contrasinal, poderá solicitarse un novo.
  3. Complementar datos de formulario.
  4. Pagar con tarxeta de crédito
  • Novo aboado:​
    1. Selección de zona de ubicación con asento en fila e columna determinada. ( posible selec. Multiple para o grupo familiar)
    2. Complementar datos de formulario.
    3. Pagar con tarxeta de crédito.

No paso de completar datos de formulario os sistema requirirá :

Escolla de asento, axuntar DNI, libro de familia, tarxeta actualizada de desempregado (tarxeta de búsqueda activa de emprego), estudante (matrícula de presente curso académico ou certificado do centro) , opción aparcadoiro, etc …. e validar.

Pago con tarxeta de crédito ou débito nun prazo inferior a 30 minutos na mesma sesión ou perderanse as reservas.

Unha vez recibido o pago o sistema comunicara ao socio, nun e-mail, que o proceso concluíu satisfactoriamente e recibirá un código QR provisional para acceder aos partidos no Pazo.

Os documentos poderanse axuntar en formato fotográfico ou PDF de xeito completo e lexible. En caso de que non se cumpran as condicións o abono e a reserva serán rexeitadas ou anuladas e poderase requirir a documentación axeitada a cada caso.

Pasados uns días deberá retirar a súa tarxeta de socio, unha tarxeta personalizada  e dotada de sensor de proximidade e QR para acceder os partidos.

Lembramos aos afeccionados que non estará permitido o tránsito entre zonas no Pazo durante a celebración dos partidos e que o acceso aos laterais estará limitado por Controladores de seguridade.

O luns día 11, primeira fase de venta de abonos para a nova tempada
O luns día 11, primeira fase de venta de abonos para a nova tempada

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información