Grazas por facer equipo!

Compartir con

A Copa Princesa tivo un campión e un enorme equipo de traballo detrás para que a festa fose un éxito

Lugo acolleu con ilusión a final da Copa Princesa 2018. Éxito de público cun Pazo abarrotado, vitoria do Cafés Candelas que puxo a guinda, e moito traballo arredor con moita xente que fixo equipo dende días atrás.

Dende os medios de comunicación ata o último dos afeccionados, todo puxeron o seu grao de area para que o día 3 de febreiro de 2018 sexa xa unha data inesquecible.

As redes sociais, o boca a boca, a ilusión impregnou a cidade e rematou cun estoupido final inmellorable.

Durante moitos días o traballo entre bambolinas foi incansable. Todos, dende os empregados, os directivos, os técnicos... pasando polo persoal de seguridade, limpeza, mantemento... todos son parte deste trunfo.

Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecer e felicitar a tódolos patrocinadores que fan posible que hoxe o Breo sexa campión  e que siga adiante para loitar por máis obxectivos.

Ademais dos patrocinadores de toda a tempada, que por desgraza e por normativas da final, moitos non puideron manter os  seus soportes habituais no Pazo, temos que agradecer o compromiso de empresas que quixeron poñer todo da súa parte para que o evento arredor do partido fora un éxito: Decathlón, Macrocopia, Stormcloud, Syctus, Tecgal, Total Sport, Vivir do Aire, Star Dance, Unicopia, Los Indecisos, Forus, Terras de Lugo, Ilunion, Somos Unidos, Concello e Deputación de Lugo, forzas e corpos de seguridade, e tódolos voluntarios e persoas que nos axudaron. Non queremos esquecer a ninguén, todos, son merecedores deste trunfo.

Pos  suposto agradecemos aos afeccionados o apoio e a comprensión coas posibles molestias causadas polos cambios derivados da necesidades da roganización paraun evento desta magnitude, en aspectos  como o aparcadoiro, as ringleiras en portas etc.

GRAZAS!

Grazas por facer equipo!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información