Hyundai Ditramotor, unha tempada máis facendo equipo

Compartir con

Por segunda campaña consecutiva os xogadores do Cafés Candelas Breogán poderán desprazarse nos modelos que Grupo Ditram, a través do concesionario oficial Ditramotor, cede como vehículos oficiais. Modelos de última xeración como Tucson, i40 ou i30 serán os vehículos de xogadores como Juan Fernández, Geramipoor, Gilling ou Fakuade. GALERÍA DE FOTOS

Hyundai Ditramotor, unha tempada máis facendo equipo

O acordo foi asinado no concesionario polo presidente do CB Breogán, Jesús Lázare e o xerente de Ditramotor, Marcos Gay, e no acto tamén se confirmou que a marca seguirá patrocinando actividades nas que poderá àrticipar a afección como a popular iniciativa «Xogador Tucson» mediante a cal cada xornada a afección poderá votar polo mellor xogador e entrar no sorteo de fins de semana con circuíto termal e viaxando nun Tucson.

Dende CB Breogán agradecemos a implicación de Grupo Ditram co club. Xuntos, a tempada irá sobre rodas!  

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información