Marinovic incorpórase aos adestramentos do Ucoga Chantada

Compartir con

Marinovic incorpórase aos adestramentos do Ucoga Chantada

O xogador compatibilizará o traballo co equipo EBA chantadino e o Leite Río Breogán

O xove internacional coas seleccións de formación de Montenegro debutou co Leite Río Breogán en partido de pretemporada ante Destino Palencia achegando os seus primeiros puntos coa camiseta celeste. O xogador seguirá traballando con frecuencia ás ordes de Diego Epifanio durante a semana, alternando sesións no Pazo con traballo co Ucoga Chantada onde xogará en categoría EBA e virtude do acordo que CB Breogán mantén co club da Ribeira Sacra.

Djordjije Marinovic desenvolveu un valioso traballo completando os adestramentos do Leite Río Breogán en pretemporada e seguirá adestrando con regularidade no Pazo, ao mesmo tempo que será unha peza importante no CB Chantada ao que desexamos toda a sorte na nova tempada.

Marinovic incorpórase aos adestramentos do Ucoga Chantada
Marinovic incorpórase aos adestramentos do Ucoga Chantada
Marinovic incorpórase aos adestramentos do Ucoga Chantada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información