Nota oficial do CB Breogán SAD

Compartir con

O club reitera a súa postura ante algunhas informacións publicadas nas últimas horas

Ante as noticias aparecidas nalgúns medios de comunicación, e sen ánimo de ofender a ningunha entidade ou club, o Leite Río Breogán vese na obrigación de reiterar nosa coñecida postura, mantida ata o momento, e comunicada á FEB con respecto á finalización da tempada da LEB Oro 2019/2020, a cal debe interpretarse no sentido de que non supón ataque contra nada nin ninguén. É unha postura defendible como calquera outra. A intención do Club é seguir mantendo, como ata a data, a boa relación con todos os clubs cos que compite, aproveitando a presente nota para felicitar a todos os integrantes da liga e a propia Federación que, no día a día, loitan por preservar o futuro do baloncesto español. Por todo iso, á espera das reunións que restan por manter, agradecemos de antemán o esforzo que se está realizando, asumindo, xa desde agora, que sen existir seguramente unha solución que beneficie a todos, chegarase a un acordo no que o gran vencedor sexa o baloncesto.

CB Breogán SAD

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información