O club celeste incorpora ao xogador de 24 anos e 2,01m. procedente do Neptunas Klaipeda
Tras iniciar a súa carreira en equipos como Lietuvos Rytas e Zalgiris Kaunas, en 2019 chega a Neptunas onde ven de promediar 13,2 puntos 5 rebotes e 2,2 asistencias por partido na competición lituana.
Aleiro de bo físico e con talento, capacitado para ocupar varias posicións exteriores e anotar tanto de longa distancia como en penetracións, Jogela destaca tamén na súa capacidade para contribuír no rebote.
O novo xogador do Río Breogán acaba de recibir o galardón que o recoñece como como xogador con mellor progresión na liga lituana.
