Óscar Viana dirixirá a preparación física do Río Breogán

Compartir con

O preparador físico galego conta cunha ampla experiencia no deporte de elite

Óscar Viana González é o novo responsable da preparación física do Río Breogán. Nacido en Ourense en 1977, creceu entre Monforte de Lemos e Lugo onde viviu ata ata desembarcar na Coruña onde se licenciou en Ciencias da Actividade Física e o Deporte na UDC.

Na súa traxectoria profesional foi preparador de equipos de alto nivel como o Hóckey Club Liceo (desde 2003 a 2010) e o Obradoiro CAB (de 2010 a 2016). Ademais é preparador físico da Selección española U20 desde 2015 coa que logrou éxitos como o campionato de Europa de 2022 celebrado en Montenegro ou o Europeo de Helsinki en 2016.

Óscar Viana súmase así ao corpo técnico dirixido por Veljko Mrsic nunha parcela chave para que o equipo compita ao máximo nivel na próxima tempada.

Benvido!

Óscar Viana dirixirá a preparación física do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información