O Breo cae nun segundo partido moi duro

Compartir con

Encontro trabado, con excesivas faltas e decisión finais que  levaron á derrota na prórroga

O Breo cae nun segundo partido moi duro

A dureza do rival cebouse especialmente con xogadores como Stainbrook ou Lobito Fernández, circunstancias que escaparon ao control arbitral en numerosas situacións durante o partido.

A pesar diso os celestes foron por diante durante grande parte do encontro ata que o desgaste ao que foi sometido o equipo local (sen Huertas nin Fakuade. Á espera de Ortega,  e cos expulsión de Stainbrook e Lobito), causou estragos nos momentos decisivos onde un cúmulo de malas decisións levou o partido a unha prórroga onde o Palma foi mellor.

O Breo cae nun segundo partido moi duro

Final con derrota local (94-99) e unha eliminatoria que viaxa a Palma onde se xogarán o terceiro e cuarto partido os días 12 venres e 14 domingo. O Breo debe vencer os dous para superar a eliminatoria ou un deles para forzar un quinto no Pazo que se xogaría o mares día 16.

Stainbrook foi o máis valorado do equipo a pesares de rematar prematuramente con cinco faltas. Anotou 18 puntos e capturou 9 rebotes. Destacou tamén Iván Cruz con 13 puntos e 11 rebotes, Juan Fernández con 16 puntos (tamén expulsado), e Franch e Arco con 14 e 13 puntos respectivamente.

Por parte dos visitantes, estelar Biviá con 31 puntos.

O Breo cae nun segundo partido moi duro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información