#Cafés Candelas

Guillem Rubio asina co Cafés Candelas Breogán

Guillem Rubio asina co Cafés Candelas Breogán

Guillermo Rubio, nado en Tarrasa en 1982, pivote de 202 centímetros, asinou polo Cafés Candelas Breogán para a tempada 2017/18.

O xogador conta cunha ampla traxectoria baloncestística que inclúe  288 partidos na Liga ACB repartidos entre Manresa, Malaga, Sevilla, San Sebastián, e Madrid co Estudiantes.  Tamén é coñecedor da Liga LEB tralo seu paso polo Plasencia, Manresa, -ascenso a Liga ACB na tempada 2007/08-, e breves estadias en  Clínicas e Valladolid. A sua máis recente estadia foron  dous partidos co Valladolid, tempada 14/15 antes de asinar contrato na tempada co Koroivos da primeira división grega.

Na tempada pasada no Doukas, na segunda grega, en 31 xogos promediou 13 puntos, 7.7 rebotes, 2.2 asistencias por partido, cun 65% en tiros de 2, 27% en tiros de tres e 80% en tiros libres

Guillem Rubio convertese no séptimo xogador asinado polo club tralos xa anunciados Ricardo Úriz, Christian Díaz, Sergi Quintela, Salva Arco , Loefberg e Matt Stainbrook.

    Youtube

    En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

    Aceptar Máis información