O Breogán homenaxeará a Juan Carlos Navarro

Compartir con

Será durante o Cafés Candelas Breogán – FC Barcelona Lassa no Pazo

O internacional con raíces familiares na provincia de Lugo, Juan Carlos Navarro, recibirá o recoñecemento do Pazo do dos Deportes. O xogador, que anunciou recentemente a súa retirada das canchas tras unha brillante carreira, presenciará dende a grada do Pazo o partido entre o Cafés Candelas Breogán e o que é o equipo da súa vida, o FC Barcelona.

Nun dos descansos do partido entregaráselle un pequeno agasallo como recoñecemento a unha carreira deportiva exemplar. Un xogador que os breoganistas sufriron como rival pero que os amantes do baloncesto gozaron en cada acción tanto coa camiseta do FC Barcelona como vestindo a vermella da Selección Española ou no seu paso pola NBA (Memphis Grizzlies).

É coñecida a vinculación de Juan Carlos Navarro coa provincia de Lugo ( a súa nais é do Concello de Pol e a familia ten residencia en Meira) onde o xogador conserva moitas amizades  e onde é habitual velo durante os veráns e mesmo participando en festas como o Arde Lucus coa súa familia ou adestrando no Pazo dos Deportes sempre que os seus compromisos internacionais o permitiron.

O Breogán homenaxeará a Juan Carlos Navarro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información