O Breogán súmase ao compromiso de doar sangue

Compartir con

Adestrador e presidente xa pasaron pola unidade mobil da Axencia de Doazón de Organos e Sangue (ADOS)

O Breogán súmase ao compromiso de doar sangue
O Breogán súmase ao compromiso de doar sangue

As persoas que doan en Lugo estes días están a recibir dúas entradas para o partido do Cafés Candelas do sábado ante o Prat, cuxo custo asume a Deputación de Lugo a través do patrocinio co club. O organismo provincial tamén quixo amosar o seu compromiso coa causa con feitos e varios dos seus deputados acudiron a facer a súa doazón. Pola unidade pasaron, ademais do presidente do Breo e o adestrador, o deputado de deportes Pablo Rivera Capón, a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.

O partido do sábado 25 ante o Prat no Pazo  estará dedicado a difundir e concienciar a importancia de doar sangue para manter os niveis necesarios para o cal son precisas un mínimo de 500 doazóns diarias.

O Breogán súmase ao compromiso de doar sangue

Sorteo de camisetas

Entre as persoas que acudan a doar ata final de mes, tanto na unidade móbil que se desprazará por distintos puntos da provincia de Lugo como ata ao punto fixo de doazón de ADOS no Hospital Lucus Augusti, sortearanse camisetas co lema “Doa Sangue” asinadas polos xogadores do CB Breogán.

O xoves 23 a unidade mobil estará fronte ao edificio Multiusos da Xunta e o venres 24, na Praza do Concello de A Pastoriza, de 16:00 a 18:30 horas e, a continuación, ao carón da Igrexa do Concello de Riotorto, en horario de 19:00 a 21:00 horas. O sábado 25, diante do Concello de Pol, dende as 10:00 ata as 15:00 horas. O luns 27, e o martes 28, estará na Avenida de Monforte (fronte ao comercio Tango) no Concello de Chantada, dende as 16:00 ata as 21:00 horas.

A iniciativa, trátase dunha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información