O Cafés Candelas aguantou o pulso do Kirolbet Baskonia ata o descanso

Compartir con

ACB Photo/J. C. Borrachero
ACB Photo/J. C. Borrachero

A falta de rotacións pesou a un Breogán que deu o máximo e mesmo dominou durante moitos minutos da primeira metade

ACB Photo/J. C. Borrachero
ACB Photo/J. C. Borrachero

Ás baixas de Norel, Redivo e Brown, sumouse unha escordadura de nocello que o apartou do encontro tras disputar pouco máis de seis minutos.

Baixo a dirección dun Tornike Shengelia, o KIROLBET Baskonia saltou ao partido coas ideas claras e dominou nos primeiros compases do encontro. Os vascos aproveitaron os problemas de lesións do Cafés Candeas Breogán e xa no inicio conseguiron tomar vantaxe no marcador. Aínda así, os celestes tiraron de carácter e, a pesar de non igualar o marcador, puideron manterlle o pulso ao seu rival.

ACB Photo/J. C. Borrachero
ACB Photo/J. C. Borrachero

O Baskonia, co persoal ao completo, puido aproveitar a súa profundidade de banco e, grazas á desenvoltura de Luca Vildoza, volveu abrir oco no marcador.

A pesar da superioridade vasca, o Cafés Candeas Breogán non desistiu  e, a base de carácter, loita e fe, puido recortar a diferenza ao final do cuarto (15-20).

ACB Photo/J. C. Borrachero
ACB Photo/J. C. Borrachero

No inicio do segundo período, os galegos conseguiron poñer o empate no marcador grazas á dirección dun acertado Christian Díaz e ao traballo na pintura de Volodymir Herun, demais da achega de tódolos homes de Natxo Lezkano que pisaron o parqué.

O Cafés Candeas Breogán atopou a maneira de anular a un Baskonia que non soubo como reaccionar nin en ataque nin en defensa. Esta situación aproveitárona os lucenses para ampliar o seu parcial e, tras un 12-0, chegar a colocarse cun +9 no marcador.

 Darrun Hilliard saíu ao rescate dos vascos e, con catro puntos seguidos, achegou aos seus ao final da primeira metade (34-31).

 

O Cafés Candelas aguantou o pulso do Kirolbet Baskonia ata o descanso

Na continuación, Shavon Shields achegoulle ao KIROLBET Baskonia a enerxía necesaria e os vascos igualaron o marcador. Dende ese intre, os homes de Pedro Martínez mostraron un  xogo rápido e alegre e conseguiron recuperar a vantaxe.

Grazas á achega do dúo estadounidense formado por Shields e Hilliard, os baskonistas foron capaces de romper o encontro no terceiro cuarto cun parcial de 30-4.

Os vascos, de novo cómodos sobre o parqué podendo facer o seu xogo, souberon aproveitar o cansazo do Cafés Candeas Breogán para deixar o encontro practicamente sentenciado (40-63).

Con todo xa decidido, o ritmo e a intensidade baixaron no último período. Os galegos, co cansazo acumulado polas múltiples baixas por lesión, e os vascos, sen a tensión de ter que remontar o marcador, iniciaron un intercambio de golpes que, tras o paso dos minutos, acabou derivando no 62-83 final.

O Cafés Candelas aguantou o pulso do Kirolbet Baskonia ata o descanso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información